Unha flecha no TEMPO

A quen lle toca agora?
Dedúcese que o comezo do Home na Terra debeu ser duro, tiñan que ser espabilados ou ter moita puntería. Tampouco quero decir con esto que na actualidade non sexa así.
De todas formas, visto dende un punto de vista penetrativo, eles tiñan algún problemilla menos dos que temos nos, xa que de wifi, de doble check, de perfil de Instagram, ou si me apuras... Ata o punto, de si as mallas para zumba non quedan apretadas mentras non marquen as picaduras dos masquitos. Eles desto nin chica!! Preocupacións da “Edade Contemporánea” fronte as daqueles artistas, que a súa única preocupación era buscar comida, non sen patear a sabana detrás daquel antílope vacilón.
Esta etapa coñecida como Prehistoria queda comprendida dende a existencia do Home na Terra ata que este aprendiu a garabatear co pizarrillo, momento no que uns comezaron a

chulearse do que escribían e outros non.  Tampouco quero decir con esto que na actualidade non sexa así.


Na Edade Antiga, os Romanos fixeron das súas, cortaron e esfolaron canto quixeron (non vou a entrar en detalles).
Sinceramente, a  Edade Media recórdame o tostón que nos soltaba polas tardes Don Enrique, xa que con tanta nobleza, tanto clero e tanto pobo cheo de revoltas, guerras e reconquistas, tivo que ser un rebumbio de tres pares. Aínda que non tanto como a que liou o Sr. Gutenberg co seu inventiño de marras. Miña nai querida a que armou o homiño ese!! folleto daquí, cartel dalá e panfleto dacolá. Con tanto cliché, máis dun botado pa diante non dudou en surcar os mares e columpiarse no Caribe, entre eles o ben coñecido Sr. Colón. Xa ves!! a uns doulle por ler e viaxar e a outros non. Tampouco quero decir con esto que na actualidade non sexa así.


Aquí vos deixo unha cantiga moi significativa do trovador Bertran de Born, facéndonos ver o nivelazo guerrilleirro que se gastaban na Edade Media.

Mi corazón se hincha de gozo cuando veo
fuertes castillos cercados, estacadas rotas y vencidas,
numerosos vasallos derribados,
caballos de muertos y heridos vagando al azar.
Y cuando las huestes choquen, los hombres de buen linaje
piensen sólo en hender cabezas y brazos,
pues mejor es morir que vivir derrotado...
Os digo que no conozco mayor alegría que cuando oigo gritar
«¡Sus! ¡Sus!» en ambos bandos, y el relincho de corceles sin jinete,
y quejidos de «¡Favor! ¡Favor!»
¡y cuando veo a grandes y pequeños
caer en zanjas y sobre la hierba,
y veo a los muertos atravesados por las lanzas!
Señores, ¡hipotecad vuestros dominios, castillos y ciudades,
pero jamás renunciéis a la guerra!


Logo de tantos anos de batallas ven a Edade Moderna, onde por sorte a ciencia e a cultura empezaron a levantar cabeza. Dámoslle gracias, polo menos agora na Edade Contemporánea todos somos listos, entendidos e estamos cargados ata os foles de cultura laica, sen esquecer a tecnoloxía que nos fixo a vida máis doada, pero tamén nos fixo ser impacientes, queremos todo para xa,  café exprés, descargas instantáneas, dietas milagro, resultados inmediatos vamos!! Andando polas aceras en formación de estorbo e sentándose diante da tele querendo velo todo e sen ver nada.
Non nos damos conta de que este desbordante ritmo, o único que fai é conducirnos ao estrés tan rápido como aquel Home da Prehistoria correndo pola sabana detrás do antílope vacilón.


Parástete a pensar, ou é que na actualidade xa non se leva?

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil