Con bolas na de Pepa

Gregorio e Guillermo, dous tipos sociables e moi faladores, dous tipos un tanto especiais, gravata, zapatito fino, alta alcurnia e pouca monta, que a crise os baticou ben baticados, baixándolles o fervor un feixe de peldaños, cambiándolles destinos paradisíacos con masaxes de spá por gorros de media lúa con vistas andamiais. Dende fai un par de anos, estes dous golosos do leasing dedícanse o mundo da pintura, cambiando o saber estar por non saber facer nada, gozando de boas vistas con toda a súa “cultura”.

Todolos venres ao remate da xeira, alí se reúnen na de Pepa, entre  arrancadeira e derradeira, tanto contan aventuras con vanidades como pestes sen novedades. A última extravagancia que armaron, liárona parda, mellor dito pintárona gorda, xa que aínda hoxe costa crer que con tal borracheira se calmara tal alboroto.

Na procura de cores olvidadas, os artistas mezclaron pinturas no patio da casa (de forma particular); mentrás tanto... Que pinte Luis!! tiñan dous botes de pintura, un deles de cor azul con pintura azul e outro vermello coa mesma cantidade de pintura desta cor.

Paso 1.    Colleron un cazo do bote vermello e vertérono no azul.

Paso 2.    Remexeron o contido do bote azul ata conseguir una mezcla  homoxénea.

Paso 3.    Por último colleron un cazo do bote azul e devolvérono o bote vermello.

Quero pensar que todos estamos dacordo no referente á cantidade de pintura dos botes, xa que dando por suposto que os dous cazos levaron a mesma cantidade, os botes tamén seguen tendo a mesma cantidade. O que posiblemente non estea tan clara é a pregunta que eles se facían. Que é a seguinte:

Hai máis pintura vermella no bote azul ou máis pintura azul no bote vermello?

A maioría verá un resultado fácil dando por resposta que hai máis pintura vermella no bote azul. Esta resposta precipitada é falsa, xa que sorprendentemente a correcta é que hai a mesma cantidade de pintura vermella no bote azul que pintura azul no bote vermello.

Chegado a este punto evidente de opinións dispares, este é o meu razoamento.

Sabendo que as cantidades de pintura, tanto inicial como finalmente son as mesmas, a cantidade da vermella que está no bote azul ocupa un espacio determinado, moito ou pouco, da igual!! ese espacio é o mesmo que ocuparía a pintura azul que falta, que está ocupando o mesmo espacio no bote vermello.

Como en todo razoamento lóxico que se precie non pode faltar un bo exemplo, aquí non ía ser menos, vou pór un con bolas vermellas e azuis.

Supoñemos que en cada bote hai 100 bolas e a cantidade que contén o cazo son 10.

Paso 1.  Cóllese un cazo con 10 bolas vermellas e bótanse ao bote azul.

Paso 2.  Mestúranse.

Paso 3.  Cóllese un cazo do bote azul, o cal supoñemos que contén 8 bolas azuis e 2 vermellas. Polo tanto no bote azul quedan 8 bolas vermellas que son as mesmas que haberá de cor azul despois de vaciar o cazo no bote vermello.

Cal é a túa conclusión?

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil