Castro de Baroña

Unha de romanos naquel crudo inverno do ano 132 d.C.


Aínda ben non era medianoite na polbeira, cando Jolán (un mozo do poboado); entalado de frío vía como o mar picado engulía todo o seu traballo con aquél canastro recheo de nécoras, lustrosas robalizas e orballo. O que este non sabía, era que o peor aínda estaba por chegar.Que máis quixera el que poder cambiar o destino nefasto daquela noite “acompañada” xa que nin o foso defensivo, nin a porta de entrada, nin os acantilados que o circundan, foron suficientes para evitar a invasión con Marcus Lucius ao fronte das tropas romanas, coa evidente masacre dos últimos Celtas que perduraban no asentamento baroñés.
 
A todo esto fago saber que cos recentes traballos arqueolóxicos  que se están levando a cabo, merece moito a pena ver ou volver a ver o Castro de Baroña. Os que aínda non tivéchedes a sorte de pisar un dos castros Celtas mellor conservados de Galicia, que sepades que é unha xoia arquitectónica nun enclave máxico digno de coñecer,tanto sexades ou non amantes das antigas civilizacións, pero non sen antes pasar polo punto de información turística, onde vos atoparedes unha moza la mar de maja ofrecendo valiosa información.



Ubicación exacta deste punto xeográfico.



Tamén podedes visitar este blog adicado SON DO MAR


Caseta de información turística

Aquí vos deixo unhas fotos para o voso deleite, que as disfrutedes.


Murallón

Porta de entrada

Foso defensivo







Dobre muralla descuberta recentemente

Entrada a acrópolis



Vista parcial dende a acrópolis


Murallas exteriores




Comentarios

  1. Bonito relato Tou, teño curiosidade por saber si Jolán logrou fuxir ou non.
    Bo día.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois claro que fuxiu. Tempo máis tarde, coñeceu unha serea na Arealonga xunto a outra canastra rechea de nécoras, lustrosas robalizas e orballo. De onde pensa que saimos os baroñeses?

      Eliminar
  2. Iiinteresante....Descoňecía esta curiosa faceta túa sr. Baroňés...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Vivimos tan preocupados de aparentar o que queremos, que esquecemos manifestar as virtudes que xa temos. Que realidade tan triste verdade?

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil