Outras penas


Fai uns días que Eladio do Caseiro chegou de pescar langostinos, dalá doutros mares ao sur do mundo. Outro ano máis solteiro coa carteira chea de cartos, aventuras e outros males. O pobre home viña todo ilusionado con tomar unhas copas e botarlle unhas parrafadas co seu amigo Juan de Campo Rapado e ser o centro de atención no medio daquelas mozas sen frío, pecaminosas de pel morena e pouco fresquío, pero vaia carallo se levou o descubrir que o do Campo Rapado entre like, @ e # estaba apañado e por si fose pouco, agora coa chamada WhatsApp entrecortado xa estaba enganchado. 
Que non se queixe o condenado que descansou a cabeza dende o vran pasado con todo apagado, total para a próxima marea xa terá videochamada e tamén entrecortada.

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil