Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April, 2015

Que poucos somos!!

Imaxe
Si é sorprendente o que hai na web, fora dela non digamos.

Aquí é onde un se atopa con modelos diversos moi definidos: caraduras, cantantes, importunos, atravesados, víctimas e malcriados, mamóns, porfiantes, papanatas e remolóns.
Aqueles que se creen máis sendo ninguén, dos que falan de ti sen saber nada, dos que nunca pagan café e dos que tiran a pedra e che venden como si nada.

De ben pensado... Leal con elegancia, que poucos somos!!

E ti de cal eres...??

Proxecto Salo

Imaxe
*  * * *  *
14-oct-2015
Estou moi contento de darlle o fin ao  "Proxecto Salo"  pero o mesmo tempo, triste por rematar algo que facía con tanto cariño.
Aquí vos deixo unhas fotos para mostrala miña obra de arte.
Un saúdo.











13-oct-2015
Este momento dos adornos, recórdame as féminas, catro complementos e aí van elas "avanti tutta" como se nada, ata parecen máis guapas e todo. Que tal é ser muller!!!

Necesitando un embelecedor rústico para a fechadura, que mellor que facelo deste ferro vello oxidado, unha simulación de máis anticuado imposible.






12-oct-2015
Tocoulle o turno a cera. Para conseguir o acabado que busco, vou aplicar unha Black bison técnica anticuario.Con 3 capas ben dadas, será suficiente.


11-oct-2015
Non hai mal que por ben non veña!
A min o día de choiva de hoxe, venme de perlas para aplicar tapaporos ao cofre do tesouro. Como deixo máis buratos que onde os fan, o tapaporos non só teño que enseñarllo, pero o que verdadeiramente importa é a última impresión, xa que…

O auténtico MOU

Imaxe
Estaría mentindo se digo que me colle de sorpresa que o compañeiro Agus levara o voleibol ao máis alto. 
O Sr. Agustín Mourís é unha persoa que leva involucrado no mundo do deportedende crío, os seus comezos foron como ciclista aínda que na actualidade a súa paixónestriba entre o golf e voleibol. Xa no vran do 2005 xunto ao compañeiro Germán Romero, quedaran campeóns no circuito provincial de voleipraia,o ano pasado proclamábase campeón en primeira, na final do ránking gallego de pitch&putt, no campo do "Pozo do Lago", na localidade ourensán de Maside, e este ano ascendeu a primeira o “Fisioterapia Cinesia de Noia” equipo que adestra, conseguindo que o voleibol se faga oco entre os deportes de moda.

Este MOUrís é capaz de esto e de moito máis. Ollo con el!!

Son Innumerables as imaxes deste bonachón que un pode atopar na web, pero de seguro que non foron por estar despaturrado no sofá mirando un reality show nin a telenovela de moda.
Aquí vos deixo algunhas delas.

Noraboa Agus…

Outras penas

Imaxe

Princesa María

Imaxe
Xa logo vai na volta dun ano cando daquela quedaba a durmir coa cabeza chea de garabatos de gárgolas, cotas, números, figuras e alzados. A inspiración é o todo, o dificil é dar con ela, como tiña todo o tempo do mundo e presa ninguén me metía, con catro puntas, dous martillos, unha trencha e algunha escofina púxenme mans a obra. Con todo esto quero decir que o importante é poñerse, mellor ou peor (sempre aprendendo dos teus pasos); o resultado é o que vale.