Un día de froalleira


Este post non era para existir, pero eche ben boa verdade que cando algo está de ser, é e punto. A priori facía un día destes entre miruxa e borraxeira, un día tipo Telecinco, pero era moi cedo para meterlle ó corpo algo tan concentrado como GHVIP15 ou SALVAME. 


Record persoal en 10K


Polo tanto aínda con algo de froalleira saín a practicar un pouco de running (teño que decir que ainda que o Endomondo se botou fora de punto, a min foime de perlas); nun principio era para darlle duas voltas ao rueiro, pero alá preto do inicio da segunda volta (polo kilómetro catro, cinco) sentín as pernas moi soltas, feito que xa veño notando nas últimas carreiras, logo dos vinte minutos correndo, polo tanto decidín dar uha volta máis, alcanzando preto dos 15 Km
Rioja, Ramón Bilbao

Fixen un bo tempo, pero non tan bo como marcou o Endomondo,  10 Km en 41m 42s, xa me gustaría, pero aínda así, fixen un bo tempo, non sen sufrimento xa que entre a froalleira e o sudor encargaronse de ocasionar unha pequena rozadura na parte do frontón (sen a máis mínima intención de ser brután, quero aclarar que esta zoa é onde rebotan todalas bolas, tanto nos homes como nas mulleres); tamén teño que decir que o remedio caseiro que me dou o Sr. Clemente, para os pezóns en días de moita humedade, e infalible, un problema menos. 
En vista do éxitazo, hoxe vou tomar un Ramón Bilbao (un Rioja de Haro, Terra de bos viños); que ven o merezo, xa que records persoais, non se baten todolos días.


Paseo da Catía
Hoxe tamén fixo un día bo para que unha principiante como “Compiditaqui” se iniciase no tema running, aínda que de seguro non lle aguantou o pulso a vagancia.

Paseo do Carreiro, inicio de hoxe


Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil