Concepto OF

Xa temos aquí a tan señalada data do Nadal, triste para uns e non tanto para outros. Días de disfrute e de auténtica ou finxida alegría. Festa rachada, ou non tan rachada, xa que entre as típicas comidas familiares, cea de empresa, de asociacións,  de cacerías e daquelas outras que sería mellor estar na Cochinchina ou no Quinto Pino para non asistir sen dar que decir, encóntranse a cea  OF “Only Friends”, no fondo a preferida por todos nós, polo tanto é da que vou tratar neste post.

Todos sabemos que o Nadal ten cousas boas, unha delas é esta cea, non por ser mellor, xa que cada FESTA ten o seu aquel. Esta celébrase menos veces das que un quixera, abrazando compañeiros pouco máis que de comilona en comilona, o que fai a excusa perfecta para saír da casa en “MODO Z” sen moitos miramentos xa que mañá serán ELAS as AFORTUNADAS. 

Nós, os HOMES temos unha pequena ventaxa referente as MENINAS. Estamos exentos desa tensión que lle causa a ELAS os días previos a unha cita OF, “non sei que poñer ese día”, “donde terei aqueles zapatos de tacón?”, “donde deixaría o colorete da boda de Maripili?”, “Terei moito frío si vou de curto?...” Neste aspecto nós somos máis de aquí che pillo aquí che mato, nós arregladiños pero informáis sen máis parafernalia. Eso si, cando saímos pola porta para fora, a pesar da seguridade despampanante que levamos dentro, tamén nos acompaña unha lixeira tensión que desaparece nada máis tomar as primeiras copichuelas… Apartarse que ahí vou eu! 

Logo de pasar á sala, só aqueles poucos que non van pola vida de alboio, de bulto facturado, de cacho patesto, ou de tatoio, silenciarán a tecnoloxía, para que a única interrupción posible, sexa un codazo do compañeiro advertíndoche do bombonazo da mesa do lado. Despois de estar ben mantidos e ter ben arranxado o mundo, é cando chega o momento idóneo do concepto "OF", copeteo, palabrería e bailoteo con  exaltación da amistade; (como di o amigo Rober da Pedreira, “Eso es lo más”).


Que teñades unhas moi felices FESTAS!!!


                                                                                                                



Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil