Publicacións

Mostrando publicacións desta data: December, 2014

Impaciente 2015

Imaxe
Aquí estamos como si nada; (nun mundo recheo de hipocresía e aparentos) retorcendo os últimos ja ja ja, ji ji ji do ansiado e derradeiro "DESCANSO" deste 2014. Nestes días que todos son amables, sencillos, humildes e con sorrisos do tres ao cuarto, facéndose pasar polos mellores amigos do mundo, sen escatimar detalles, o que faga falta... Como os amigos de toda a vida, vamos!!! Eso si, ata xaneiro, onde a calma, farta de decálogos, algoritmos e posturas bonitas, volve á realidade, deixando de lado tonterías á carta e demáis avíos inesperados,  comezando a sacar proveito dunha das cousas máis valiosas que temos como é o tempo, algo que pasa e non volve, algo que non se pode parar nin recuperar, que máis quixéramos...!!! Hai que ir pensando o que se quere facer con el, o 2015 témolo ahí, por eso hai que entrar en acción dedicándollo ás cousas máis importantes, con quen, como e donde,evadindo inquietudes e dándolle para diante tanto sexa atravesado como de medio lado, que ningu…

Agardando pola campanada

Imaxe
Aínda cunhas poucas galletas, dúas de cava, unha sidrina, catro latas alleas e un pouco chocolate, non foi suficiente para apasiguar o resabio da famosa e por moitos descoñecida “La cheiré fundé, amarillé de la usillé”

Xa uns marcharan, aínda outros non chegaran, uns xa cascaran cando outros non lavaran, xa uns picaran, e aínda outros non pasaran.
Entre “mollados”, “finos”, “secos” e “semisecos”, un Brut recheo de aventuras onde todos falaban e ninguén dicía nada, e como él era de “Cola” agardando polas en punto, tampouco quixo beber nada.  Ó carón de bicos, miradas e outros pensamentos animados, non faltou unha de “Felicidades!!!”. Dando un paso que non vale de nada, só por chegar ó momento da campanada, marchando todos sen deixar nada.

Sin-Son 2014

Imaxe
Como me gustaban todas, aquí vos deixo todas as fotos da miña derradeira carreira deste ano 2014
Ahora toca desconectar uns días, dedicándolle moito tempo a familia e o pracer; (a ver si o farto) Quero comezar o 2015 entrenando duro, mellorando resultados a ver se no vran consigo correr a miña primeira media maratón, vervos nas carreiras a todos os compañeiros runners e algún máis que se una a esta gran afección.
Desexo que teñades un feliz Nadal ao lado dos vosos seres queridos.







Tamén conseguimos retratarnos co vixente campeón español de Maratóns, Pedro Nimo, esto da ánimos!!!










Garrafas de estraperlo

Imaxe
Menos mal que xa ninguén pregunta polos fenicios, máis de un tería que botar man da wikipedia para saber si son fieitos ou árbores de folla caduca. Vergonzoso pero certo.

Cada un coa tranquilidade da súa conciencia…

Vaia sorpresa levaron eses poucos, cando superon que non era froita nin pintura.  Aparte de navegantes e mercaderes eran uns aventureiros de medo. Xa fai máis de 2000 anos que se columpiaban polo Barbanza, de feito en Aguiño consérvase un muelle donde os artistas facian trapicheos de mala morte, eles nunca zarpaban coas mans baleiras, levaban de todo; (e o mellor marisco da ría tamén) ían cargados de nécoras, luras da Ameixida e unha farta de navallas da Catía, mazando máis de catro polvos do Carreiro e non sen antes largar trasmallo no Falcoeiro.

Eles xa marcharon e de legado, deixaron un muelle que sobrevive ás inclemencias dos siglos, aguantando temporais con encontros pasionais, un muelle que na actualidade está máis abandoado que un pantalón acampanado.…

Concepto OF

Imaxe
Xa temos aquí a tan señalada data do Nadal, triste para uns e non tanto para outros. Días de disfrute e de auténtica ou finxida alegría. Festa rachada, ou non tan rachada, xa que entre as típicas comidas familiares, cea de empresa, de asociacións,  de cacerías e daquelas outras que sería mellor estar na Cochinchina ou no Quinto Pino para non asistir sen dar que decir, encóntranse a cea  OF “Only Friends”, no fondo a preferida por todos nós, polo tanto é da que vou tratar neste post.

Todos sabemos que o Nadal ten cousas boas, unha delas é esta cea, non por ser mellor, xa que cada FESTA ten o seu aquel. Esta celébrase menos veces das que un quixera, abrazando compañeiros pouco máis que de comilona en comilona, o que fai a excusa perfecta para saír da casa en “MODO Z” sen moitos miramentos xa que mañá serán ELAS as AFORTUNADAS. 

Nós, os HOMES temos unha pequena ventaxa referente as MENINAS. Estamos exentos desa tensión que lle causa a ELAS os días previos a unha cita OF, “non sei que poñer…

Leiro

Imaxe
Hoxe con moito frío, orden e compás, e logo de rodar por camiños cubertos de rosetas con cúpulas estreladas, cheguei a Leiro; (terra de fandangos e mozas guapas, dos machotes prefiero non falar) Na procura do tesouro de Armenteira, pasei por Abuín, Meiquiz e Rañó, e sen esquecerme da Pedreira. Busquei, busquei e rebusquei ata chegar a Rial, sen atopar nin casco de ouro, nin sortixa de prata, voltando cun puñado de fotos e unha xira grata.




Violencia de Xénero

Imaxe
Quería empezar decindo que estou contentísimo, que o día de onte foi fascinante, ata que recordei que esto é un blog; non a vida real, polo tanto aquí non hai necesidade de mentir.
Este domingo en Santa Uxía de Ribeira, celebramos o día contra a violencia de xénero, cunha simbólica carreira polas rúas da cidade, deixándome un tanto defraudado o escaso número de participantes. Pasan os anos e seguimos sen darnos conta de que a violencia de xénero, non só é un problema daqueles poucos, senon que é un problema de todos, mentras non nos concienciemos, mal vamos. Temos que amosar en todo momento a nosa disconformidade ante os malos tratos, e ter claro que a igualdade non significa que homes e mulleres teñamos que facer o mesmo, senón que é ser iguais ante a sociedade. Cambiar roles a esta altura, pode que para moitos sexa pouco doado, hai que mentalizarse e non facer cómplices as novas xeracións, eles si poden.

Un dato curioso é que en España o último ano solo foron 60 as que faleceron debid…