II Carreira Pedestre de Rianxo


Día 1 de novembro, día de tódolos Santos  e tamén día de cans, un frío que pelaba con so ollar  aquel ceo  escuro cheo de nubarróns  perfectamente encapotado, e nós alí en Rianxo, naquela alameda estrada de follas secas  cheas de xiada logo da  noite á intemperie. Menos mal que para ir capeando esta ola de frío invernal, decidiron darnos unhas pezas de froita, unha barriña enerxética, un zume e un chocolatiño  quente ao remate da carreira, que xa non é pouco! o único do que se esqueceron foi elixir o "Tempo á Carta" hoxe o condenado doulle por vir  brilante e cheo de calor,  semellando un día deses de  vran cun bochorno que te cagas. (Sabe dios como traducirá Google esta frase) O chocolate quente sería un dato sen máis trascendencia se non fose polo día soleado e polas  gañas locas que un corredor ten de beber ao remate da carreira, e máis aínda se se atopa con que xa non queda auga en botellins. Digo en botellíns porque unha das mulleres que repartían o tentempé, (unha moza que ainda tendo pasado os seus mellores anos, aguantábase de moi bo ver) preguntándolle pola auga, este foi o diálogo que mantivemos:

-Non tes ajua?  -pregunteille eu.
-Non, a ajua acabouse, pero hai chocolate quente,-dixo a moza alegremente.
-Chocolate...???
-Si, está moi bo. Si queres ajua, alí adiante hai unha fonte con ajua potable.
-Vale, jrasias. Dame un chocolate -dixenlle eu mentras   cruzábamos un sorriso.


A moza tiña moita razón, aínda sen facer frío, o 
chocolate estabache ben bo, pero non quita a falta 
de auga para todolos corredores.

Nota:
A intención deste relato non é outra que darlle un ápice de humor a 
este día de carreira fantástico, sin o máis mínimo desexo de ofender ou molestar a ninguén.

A carreira gustoume, na próxima alí nos veremos.





Unha bonita captura feita por Ramón Pérez





Aquí estou con Daniel e Clemente
dous compañeiros habituais das carreiras

Unha imaxe publicada polo Concello de Rianxo

Momento da chegada a liña de meta
publicado polo Concello de Rianxo


Comentarios

  1. Bonito relato,non creo se ofenda nadie ,bonita carreira e bonitas fotos,

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas gracias.
      A pesar do sol que fixo, a carreira fíxoseme moi cómoda, gustoume!!!
      Un saúdo.

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil