Nin Helsinski nin oito cuartas

Alá se quedou a señal que con tanto entusiasmo buscaba onte pola tarde logo dunha corta pero intensa sestiña.  Como tocaba bici, fun a Curota en busca daquela señal indicando a dirección de Helsinski curiosa e non menos suxestiva, que uns días antes o compañeiro Vilarnovo ben soubera fotografiar, (cun encuadre perfecto, todo hai que decilo)
Cando saín non era que fixera un día deses espléndidos e soleados do mes pasado, pero podía pasar, ainda que así como iba entrando a tardiña o nubarrón que resguardaba a comarca facíase máis morrocotudo, subir a Curota era algo así como colgárselle nas barbas o xigante, o último tramo de ascenso xa foi con algo de vento e choiva facendo que abandoara a expedición chegado o cúmio, ainda sin alcanzar a susodita indicación; despois dunha baixada de penurias non podía chegar a casa doutra forma que non fose asolagado,  ben asolagado... Ainda así, valeu moito a pena.

Nalgunha parte da Curota (Imaxe cedida polo Sr. Vilarnovo)

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil