Pateando Corrubedo


 ...Asfalto, terra, pedras, suspiros e areas movedizas, un verdadeiro abanico de pisadas, un desafío que nos brindou o pobo de Corrubedo na súa 1ª Carreira Popupar. Foi algo durecha, todo hai que decilo, ainda que en ningún momento deixou de ser fascinante o seu percorrido. Encantoume. Sentinme moi cómodo portando toda a carreira ese meu garbo sensacional e característico, ata cruzar a liña de meta, momento culminante onde o rebose de alegría e felicidade foi absoluto (invítovos a vivilo en vindeiros episodios). Como ven sendo habitual, alí atopeime cun montón de compañeiros de fatiga, que pouco a pouco espero ter fotos para dalgún modo inmortalizar o momento con todos eles. Hoxe ademáis do usual socio de batallas; o Sr. Clemente, tiven o gusto de compartir captura co Sr. Roberto Collazo, todo unha máquina disciplinar de correr.
Algo que boto moito en falta, aínda que a priori pareza un tanto ridículo, non por nada, se non pola dificultade que eso conleva, é o feito de non poder facer fotos durante a carreira para mostrárvolas, de seguro que habería capturas impresionantes, dignas de calquer blog de fotografía. E aínda a sabendas de que mentras se capa non se asubía, este é un tema que me inquieta, un tema que considero ter pendiente, xa que para min a fotografía é unha pasión e sigo pensando que unha imaxe vale máis que mil palabras, e máis ainda si son das miñas. Polo tanto sin fotos non hai paraíso. Como a pasión move montañas, penso que todo se andará, procurando a doma deste feito inverosímil e sobrehumano, ahí queda eso.








Participantes 301  
Dorsal 215
Posición 220
Tempo 1:06:59
Ritmo 5:34

As seguintes imaxes foron atopadas na web


Momento da saída




Chegando o avituallamento que había xunta o Faro

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil