Poker de gafas



Pasar toda a semana ca choiva detrás da orella, esperando como Dios polo famoso finde, ca intención de meterlle uns kilómetros ó corpo e de paso indo espabilando un pouquiño a tontería, pero nada;  polo visto temos outro fantástico e fabuloso finde de sofá, esto non ten perdón.
Este inverno un blog adicado o mal tempo sería un éxito rotundo, pero o cometido de “Paparroda” non é ese, aquí o mal tempo non é benvido, por non querer, non o quero nin en pintura, polo tanto vouno ignorar por completo, a ver si se da por aludido e se píra dunha puta vez, polo menos hasta dentro dun ano.

Encantaríame saír de ruta e contarvos as anécdotas que surdiran no traxecto, acompañadas de algunha que outra fotiño, (que o fin e o cabo é a incumbencia de este espacio) pero ó non poder ser, aproveito para informarvos que onte na óptica Miradoiro de Ribeira, merquei  unhas gafas preciosas, da cor do tractor, este sería un dato sin relevancia se non fose porque estando na tenda, entrou Contador, si, ese mesmiño, o idolatrado Sr. Contador;  despois de moito probar, caeu na tentación de mercalas idénticas as miñas, Increíble! a forma que ten de copiarme o tipiño este dios mio! primeiro foi o maillot, agora as gafas, pregúntome que será o próximo...? solo lle falta que se pase a Cannondale, jajaja! 
O curioso é que  él xa as estrenou, e eu a velas vir, para muestra un botón.




Eu terei que agardar a que o Sr.Lorenzo se acorde de nos, e lle de a santísima gana de aparecer; pero eso si, cando veña, que se prepare, vaise acordar de cantas son catro, xa pode quentar...

 



Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil