Alá por Curroximil



Para un día que decido ir pola mañanciña hasta “Aguiño de ves”, vexo á volta tales raios de sol reflexados nesas augas cristalinas da Arousa, que non eran outra cousa que unha impertinente pura envexa, un alarde de presunción cun deleite de agradable sufrimento; pero todo hai que decilo, alá, a un puñado de leguas de Curroximil divisábanse dous moscóns de inverno como dous mundos, uns nubarróns da cor do cu do pote, cunha figura dramática que non tiña nin pes nin cabeza, parecía mesmamente a emulación do demo no mes de febreiro; pero visto o momento, tamén pensei no camiño, e como din por ahí, que cos placeres non se xoga, fixen a vista gorda e saín, ca sorpresa de que chegando a Curro atopeime con eles, uns puñateros moscóns cheiños de duelo e chorando como dous condenados, ainda que teño moito que agradecerlle ó papel de aluminio (de marca blanca) que merquei este día no Gadis; xa que superou con creces as probas de impermeabilidade propostas polo medio bocadillo de salchichón, que en realidade era o que de veras importaba xa que mollar a perrera, en estes casos era o de menos, ainda que á volta o frío a máis e acompañado dun lixeiro amainamento da enerxía, moito botei de menos un colacauciño ben quente.
A todo esto, deixando a delicatesen a parte, o percorrido de hoxe foi Aguiño, Pontebeluso, Noia (por o Confurco) e volta por Moimenta, duas costiñas sin desperdicio.


Non sin ben merecido, chegado a estes puntos hai que mover lastre.







Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil